Búsqueda blog.com.es

  • NOVO BLOG RONSEL

    Amigos,
    deixo este blog para seguir publicando nun novo. Podedes seguir lendo as miñas entradas na seguinte dirección http://obradoiroronsel.blogspot.com.
    Vémonos alí.

  • NOVO BLOG RONSEL

    Amigos,
    deixo este blog para seguir publicando nun novo. Podedes seguir lendo as miñas entradas na seguinte dirección http://obradoiroronsel.blogspot.com.
    Vémonos alí.

  • NOVO BLOG RONSEL

    Amigos,
    deixo este blog para seguir publicando nun novo. Podedes seguir lendo as miñas entradas na seguinte dirección http://obradoiroronsel.blogspot.com.
    Vémonos alí.

  • 17 DE MAIO, O DÃA DAS LETRAS

    Levo tempo sen escribir, pero non podía deixar pasar este día sen adicar unhas verbas ao noso homenaxeado deste ano: Manuel Lugrís Freire. Ainda que o adicar un día como este á literatura do país teña o desconcerto de atopar as librarías pechadas, sempre nos queda a celebración persoal. E isto ven de cada un, xa que por moito que os xornais, a televisión ou os mestres da escola nos conciencien de que cómpre manter viva a lingua galega, sen a predisposición de cada un de nós non facemos nada. Non é que os que falan castelán comezen a falar galego a partires de mañá, pero sí que o inclúan nas súas conversacións, ainda de forma esporádica, sen vergoña, ou pensamento de facer o ridículo. Todo é comezar.
    Déixovos uns versos deste escritor de contos, poesía e obras teatrais, nado en Sada, emigrado a Cuba e de volta a Coruña para levantar e defender a cultura galega.

    ¡Amor da terra! sempre vivirás firme e forte
    No meu peito namentras que non me leve a morte;
    Meu único luceiro que nas noites de dôr
    Quencerás o meu corpo con lóstregos d'amor.

    Roseira milagrosa do meu querer profundo,
    Que enche côs seus arumes os ámbitos do mundo.
    Nasce en nidias arelas como o primeiro amor;
    E unha ardencia sin lume, ê un recendo sin fror.

    El mantén a esperanza do galego exiliado;
    El ê a fonte de bágoas que lavan o pecado;
    Salvando as nosas almas él nos fai retornar
    A cumprir coas obrigas do noso santolar.

    ¡Amor da terra! sempre vivirás firme e forte;
    Mentras a Celtia viva non termeral-a morte!

  • CONGRESO DE O CARBALLIÃO

    congreso 1
    Co título: A educación como salvagarda do ecosistema, realizouse o V Congreso do Centro de Estudios Chamoso Lamas de O Carballiño. As ponencias comezaron o venres pero nos chegamos o sábado pola tarde, para o importante, a cena organizada para os ponentes e comunicadores. Zoraida, Natalia, Francesc, Juan e máis eu estivemos toda a noite recordando e comentando as cousas perdidas. Realmente Juan facía de ponte entre nos e a organización, da que formaba parte.
    Ó día seguinte, levantámonos cedo para a primeira ponencia, a de Natalia, sobre a intervención das pezas relixiosas realizada en Ourense en setembro do 2005. Realmente foi do máis educativo e interesante para os profanos na materia, e os que non, sentímonos reforzados a seguir os criterios máis respetuosos da restauración e conservación de arte. Moitas felicidades Natalia!, és unha profesional.
    Despois da fabulosa comida no restaurante La Cubana, (o rape a prancha que pedín non tiña nome, máis que rico, rico), proseguiuse coas ponencias. Ás cinco da tarde tocoume a min, cos nervios de sempre, pero coas gañas de interpretar un traballo máis que mascado: Estudio do Patrimonio artístico e cultural na Educación Secundaria: dous casos contrapostos. Ó final todo ben, pero moi cansos, así que só quedaba despedirse e facer o camiño de volta a Sanxenxo.
    Moitas grazas á organización do Chamoso Lamas, pola súa atención e o expléndido trato co que nos acolleu.
    Juan e Zoraida, graciñas.

  • LISASONIA

    lisasonia2
    Cando xogábamos ás escondidas na miña casa, miña irmá e máis eu corríamos a agacharnos do meu irmán pequeno, e él pasábase todo o tempo chamando por nos: ¡LisaSoniaaaaaaaaa, LisaSoniaaaaaaaaa!. E nos as dúas ríndonos del mentres o víamos buscarnos desesperado.
    Xa foron tempos, pero teño moitos recordos, sobretodo nestes meses que voto tanto de menos ao meu irmá.
    Este lenzo ao óleo é un recordo daqueles tempos, meu irmán ainda non nacera. Un día chegaron pola porta uns deses fotógrafos que ofrecían unha reportaxe fotográfica, e a miña nai vestiunos e arranxounos para sair ben na foto. As fotos foron varias. Unha na que saímos as dúas soas é esta. Un agasallo de cumpreanos para miña irmán, espero que che guste Sonia. Un bico.

  • O HOME E O MEDIO

    2707
    Levo tempo comprometida cunha ponencia dun congreso. Agora mesmo ando metida nos preparativos da exposición, xa que a materia a teño máis ou menos resolta. O congreso será en O Carballiño, un concello de Ourense, destacado polo pulpo e polo viño, máis galego imposible.
    O tema do meu discurso e o seguinte: "Estudio do Patrimonio artístico e cultural na Educación Secundaria: dous casos contrapostos". Todo comenzou coa realización duns cuestionarios, de 25 preguntas de arte e patrimonio, que foron cubertos por 200 alumnos de Educación Secundaria Obrigatoria en dous institutos de concellos diferentes (Sanxenxo e O Carballiño).
    O resultado xeral ten que responder á seguinte pregunta: ¿Qué saben os rapaces sobre arte e patrimonio?. Pois realmente como de todo o que os rodea, saben de oídas, e de vistas, porque a televisión ensina moito, e senón que llo digan os Simpson (se Boticcelli e Dalí levantaran a cabeza...).
    Vémonos en O Carballiño, o fin de semana que ven, alí estaremos moitos da facultade, recordando o vivido nas Cancelas, en Santiago de Compostela, será un fin de semana especial. Estaremos en contacto.
    2572

  • UN PASEO ENTRE_ARTE

    paseo entre arte i
    RONSEL Obradoiro de Arte forma parte do Centro Comercial Entretendas, unha asociación de comerciantes do concello de Sanxenxo, que agrupa os núcleos urbanos de Sanxenxo, Portonovo e Vilalonga. Ademais, a xerente, ou sexa, eu, forma parte da xunta directiva da asociación como vocal. Debido ao meu traballo e ao interese polo achegamento da arte a sociedade, decidín propoñer o proxecto de Un paseo entre_arte.
    Tratábase de reunir obra de artistas plásticos galegos para expoñe-la nos espazos dos escaparates ou interiores dos locais comerciais asociados. A idea foi acollida con bastante interese e decidimos poñela en práctica.
    A resposta dos artistas foi moi positiva, ofrecíaselle un espazo para expoñe-la súa obra e poder vende-la, se se presentaba o caso. Para iso as obras irían acompañadas dunha cartela onde se expuxeran os datos da obra e do artista co seu número de contacto.
    Nembargantes, os comerciantes deixaron moito que desexar, parece mentira que unha actividade que pode facer máis atractivo o producto no escaparate non resulte apreciada polo máximo interesado. E iso non foi todo, o peor é que algúns dos que pediron obra non a expuxeron. Pero para rematala encontramos o caso dun comerciante que nen tiña a obra exposta nen a tiña na tenda, a levara unha clienta para ver qué tal lle quedaba na parede valeira que tiña na casa.
    Pois xa vedes, hai moitos que pensan que unha xunta directiva traballa por vicio ou porque non ten familia nin casa, a veces creo que pensan que cobramos por traballar para todos eles.
    Por nada diso, señores, soamente por pensar que o que é bon para un pode selo para todos.
    Se seguides interesados en saber máis do tema, a próxima fin de semana sairemos na Revista do fin de semana da TVG.

  • O PRINCIPIO DO FIN

    images2
    Oíndo a radio como tódalas mañas, unha noticia rompeu a programación diaria. Os noticieiros informaban do comunicado por parte de banda terrorista ETA, no que anunciaban un ALTO AO FOGO PERMANENTE. Despois disto prestei especial atención. Realmente non había máis que contar pero os reporteiros da radio invitaban a comentar o comunicado a diversas persoas: dende víctimas ata políticos e empresarios.
    Sempre con enfoques diversos pero con dous polos diferentes, os que pensan que é unha porta aberta a esperanza e os que desconfían totalmente do abandono da loita armada. Eu prefiro ver a botella media chea, que media valeira.
    Digan o que digan esta é unha data especial. Pode decirse que o traballo está por facer, pero deuse un paso que é para aproveitalo, sempre que todos camiñemos na mesma direción.

  • PREMIOS MESTRE MATEO 2005

    cabeceralogo
    Neste intre estou a ver na TVG a retransmisión en directo da gala de entrega dos Premios Mestre Mateo 2005. Luís Pedrahita e Iolanda Muíños son os presentadores. O transcurso da entrega de premios vai acompañado dunha posta en escea da evolución dos medios de comunicación. Ademáis represéntanse en forma de musicais, utilizando pezas do pop español máis clásico (uns romanos poñéndolle letra a Marta tiene un marcapasos, poideron escoller outra).
    Atención, Manquiña acaba de ofrecerlle un ¡guapa, guapa, guapa! a Conselleira, de Cultura, supoño, porque ao único que enfocaban era a Touriño. Si, acaban de enfocala, moi elegante por certo.
    É a primeira vez que vexo estes premios, realmente é o primeiro ano que vexo tanta TVG. Non sei se é mellor ou peor que antes, non teño coñecementos para comparala. O certo é que o cambio de goberno non ven para mal, e a perspectiva deixa de ser totalmente parcial, totalmente.
    Mañán comentaremos os gañadores.

Pie de página:

El contenido de esta web pertenece a una persona privada, blog.com.es no es responsable del contenido de esta web.