grupo clase 2
Acabo de encontrar no meu ordenador unha foto esquecida, a derradeira foto da clase de pintura de 3ºcurso de Restauración. Saímos os alumnos e a profe, Tareixa, a máis recatada.
Non ten moita calidade, daquela ainda comezábamos a controlar a fotografía dixital, ou a fotografía en xeral porque sae dun borroso...
A obra en primeiro plano (unha taboa pictórica do século XVII, feita un cangallo). E detrás os protas, só por ser minoría. Nos estudos de Restauración e Conservación gañamos as mulleres por goleada, coma en enfermería, debe ser pola paciencia.
Recordos para Silvia e Pilar, as miñas compañeiras de clase e de piso en Pontevedra. Fai tempo que non vos veo, temos moitas cousas de que falar, un biquiño moi forte. Deica!!!