
En Sanxenxo nacín e en Sanxenxo vivo dende que deixei de pasearme por diferentes sitios de Galiza, motivado polo meu traballo en restauración. Desexaba establecerme e decidín quedarme en Portonovo, o segundo núcleo urbán do concello de Sanxenxo.
Portonovo gústame, quizais se está máis cómodo que en Sanxenxo por moitos motivos: non só no vran ves xente pola rúa e a que ves vive eiquí, nas súas rúas, praias e porto encóntrome como en casa e non me sinto extrana; sen embargo en Portonovo existe moito resquemor, a xente ten unha sensación de competitividade coa do casco sanxenxino que ven xa de lonxe e que por desgraza séguese mantendo nas novas xeracións.
Despois de tres anos e medio afincada eiquí, empezo a saudar á xente pola rúa máis asiduamente, debido a moitas cosas: ao obradoiro, á colaboración en entretendas, ó meu noivo..., porque por sair non é. Como dí Luis non fago máis que estar no zulo metida.
Sanxenxo quedou para dar paseos e achegarse a mercar nalgunha tenda concreta, porque decidirse a adquirir é perigoso e insofrible para o bolsillo. Ademáis o paseo de Silgar faise pequeno, a partir da semana santa, polo turistas que visitan o pobo, e non é nada agradable sentarse nunha terraza ou tumbarte na praia, sempre que teñas sitio.
Isto é persoal, pero xeneralizado, a xente do pobo é desplazada, o protagonista é o visitante que reside nos hoteis ou nas propias residencias que copan todo o paseo (punto preferido polo turista que non coñece o resto do concello). A industria non existe e o turismo é a única actividade económica, así que contando con que dous son os meses estivais, no resto do ano, se non tes un traballo alternativo morres de fame. Ainda que traballes 12 horas no vran co que gañas non podes vivir o resto do ano, e esto dirixido as familias xa asentadas porque a xente coma eu ten que buscar alternativas a este sector, se as hai e se non ímonos para Barrantes. Isto está en Ribadumia, un concello da comarca do Salnés que está crecendo grazas a xóvenes que caen de cu ó darse conta do que piden por un piso de 70 m2 no meu concello (tanto en Sanxenxo city coma na Revolta). Así é como estamos, ainda que pensen que 60 pisos protexidos poidan arranxar un problema de vivenda que xa é vello.
-
- 18.03.2006 @ 22:57:01
-
- http://ronsel.blog.com.es
- 19.03.2006 @ 21:35:45
Sanxenxo é maravilloso, a pena é que o urbanismo descontrolado acapare o espazo destinado á costa, e agobie cada vez máis ao visitante que ven de visita a relaxarse.
Cando voltes non dubides en avisarme, fareite unha visita guiada polo Sanxenxo descoñecido, verás que é máis interesante!!!
Saúdos e deica -
- 19.03.2006 @ 21:55:22
Esa manía entre los dos pueblos se perdurará en el tiempo, porque se transmite de generación en generación, y seguirá siendo asi, siempre que esto no cambie.
En cuanto a que los vecinos jovenes de este Ayuntamiento emigren hacia a otros concellos próximos, es normal mientras siga esta política de intereses y especulativa de los constructores.
que tal tu compi? por que se que tienes una que te llama mogollón, y que antes no existia, no siendo solo la relación artística sino también personal, me alegro mucho por ti, porque empiezas a encontrar un sitio en esta pequeña sociedad gatiña.-
- 19.03.2006 @ 22:29:23
Estou acostumándome a criticar todo, no caso da política que se segue neste concello. Nembargantes, síntome feliz de vivir eiquí, encóntrome a gusto e se olvidamos a falta de oferta cultural e social, este lugar é perfecto.
Un bico
PD.Supoño que as compis iran aparecendo pouco a pouco, facíame falta ter máis relacións coa xente.
-
- 20.03.2006 @ 00:26:52
Yo conocí Sanxenxo hace diez años aproximadamente y no puedo decir que me encantara. Me gustó como toda Galicia y porque me gusta mucho el mar, pero como dices creo que se ha construido descontroladamente. Había mucho turismo y lo que me chocó es que en el paseo marítimo me encontré con muchos conocidos que paseaban de un lado a otro del paseo, creo que desde allí salimos hacia la isla de Oms ¿me equivoco? me falla la memoria, pero me dio pena, sentí que era un paraiso estropeado por el cemento. Me gustaría que alguien sensible como tu me enseñara ese Sanxenxo desconocido, podría ir alguna vez con anroroju y nos lo enseñarías a la vez. Estaría muy bien
Besos-
- http://ronsel.blog.com.es
- 20.03.2006 @ 13:52:33
Por min encantada de ensinárvo-lo, vir cando queirades. Se fai 10 anos que viñeches ainda isto estaría respetable, por iso si ves agora asústaste. Sí, no porto de Sanxenxo e no de Portonovo cóllese o barco para a illa de Ons, un paraiso, como son tamén as illas Cíes, grazas as cales o chapapote non asologou a costa da ría de Pontevedra e Vigo, serviron de barreira.
Un bico e deica
anroroju
Sanxenxo es una de las ciudades más bonitas que he visto y la playa es una pasada....
Jo...qué envidia dá...y mira que yo estoy en un sitio estupendo,pero siento morriña,no te creas...me encanta Galicia.
Un besote fuerte.